A Xunta adxudicou as obras de acondicionamento do firme na travesía de Esteiro, en Muros, que comezarán nas vindeiras semanas. Os traballos, adxudicados á empresa Construcciones J. Mauri e Hijos S.L por un importe de máis de 48.000 euros, terán un prazo de execución de 3 meses. Trátase da reparación da capa de rodadura do treito da estrada AC-550 comprendido entre o punto quilométrico 52+820 e o 53+280, tras o afundimento das gabias dos servizos existentes.
A Xunta adxudica a mellora do firme na travesía de Esteiro, en Muros, que comezará nas vindeiras semanas

