O Concello de Ribeira informa de que tal e como estaba anunciado a brigada municipal de obras está traballando na maior dotación de áreas verdes no municipio.
Concretamente, operarios deste departamento están a estender unha nova zona axardinada duns 120 metros cadrados na avenida da Coruña, á altura do establecemento comercial Gadis Hiper. Prevese plantar varias árbores.
Tamén está previsto, entre outras actuacións, crear ou mellorar zonas verdes en lugares como o paseo de Coroso, a avenida das Airós ou o fronte portuario de Aguiño.