O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza , o nivel alto de restricións para os concellos de Sarria, Cambados, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa.
Tamén acordaron novas medidas ante o incremento de contaxios, no concellos en nivel medio non se pechará o ocio nocturno pero si se esixirá unha PCR negativa de coronavirus ou o certificado de vacinación para aquelas persoas que queiran acceder aos locais de ocio nocturno.
Sanidade exixirá unha proba diagnóstica negativa ou o certificado de vacinación completo para acceder aos locais de ocio nocturno nos concellos de nivel medio

