A Carreira Popular “Pilar Barreiro Senra” e o I Mercado Labrego e Artesán de Lousame foron un éxito de público e de vendas. Asi o afirmou a alcaldesa Teresa Villaverde, quen destacou a intención de consolidar estes eventos no futuro,
O mercado reuniu unha gran variedade de postos de Lousame, Noia, Negreira… no que se podían adquirir e degustar produtos do sector primario de toda a comarca, así como postos con artesanía, tanto con utensilios funcionais para tarefas domésticas e agrarias como artigos decorativos, elaborados con materias como o coiro, a madeira, o vimbio ou a la. Non faltaron actuacións musicais e demostracións en directo de labores artesáns. A alcaldesa de Lousame amosouse moi satisfeita tanto pola boa acollida de público que tivo a iniciativa como polo nivel de vendas que acadaron os presentes.
Ademais na feira instalouse un stand para promocionar o leite e apoiar ós gandeiros.
A Carreira Popular “Pilar Barreiro Senra” e o I Mercado Labrego e Artesán de Lousame foron un éxito de público e de vendas
Please login to join discussion