A educación será o piar fundamental para o mundo pospandemia. Así o apuntou hoxe o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que sinalou tamén á innovación, á calidade e á equidade como claves de futuro. Feijóo aproveitou a inaugración do XVII Congreso Nacional e IX Iberoamericano de Pedagoxía para destacar que o investimento principal dun país é “a educación” e que debe ser unha prioridade para calquera sociedade.
O presidente da Xunta agradeceu e recoñeceu o compromiso da comunidade educativa, xa que fixo posible superar o curso máis complexo da historia de Galicia. Feijóo sinalou que de cara ao próximo curso teñen fixados tres obxectivos: reforzar a aprendizaxe que se resentiu pola pandemia con 1.250 profesores máis, manter o benestar emocional e impulsar un novo modelo de escolas poscovid. Estas accións están englobadas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

