Boiro

Boiro segue coas as súas festas ao ritmo das charangas e agardando ao bo tempo

A choiva está a marcar o desenvolvemento das festas de Boiro e obrigou a adiar varios dos espectáculos programados para os pasados días. O que non modificou moito a súa folla de ruta foron as alboradas e as sesións vermú que recorren as rúas cada mañá, hoxe foi a charanga Vai de Baile a que amenizou a hora do vermú.

Nas mañás tamén están a ser protagonistas os nenos, xa que os espectáculos infantís trasladáronse á Praza de Galicia e agora hai máis aforo dispoñible para que máis cativos poidan desfrutalas. A covid marcou a realización das festas, pero a concelleira de Cultura agradece á veciñanza a acollida que están a ter estas celebracións marcadas polas medidas anticovid.

Esta noite a partir das 22.30 a Praza de Galicia acolle o espectáculo de Broken Peach. A verbena con Marbella prevista para hoxe cambia de data para o venres.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.