O novo formato da andaina solidaria de Congalsa atraeu a participación de 752 persoas, non só da contorna senon tamén de diferentes puntos de España, Portugal e ata Estados Unidos. A sexta edición estivo activa durante o mes de xuño e, de forma vitual, propoñía aos participantes realizar un tramo do recorrido ou participar altruistamente coa compra dun dorsal. O número de quilómetros percorridos ascendeu aos 3.937, que se converteron en euros automaticamente. A dirección de Congalsa decidiu redondear esa cifra ata os 10.000 euros que serán destinados ás familias máis necesitadas da comarca e ao entorno de Sulpasteis onde Congalsa conta cunha factoría.
Esta mañá o director de Recursos Humanos da empresa, Juan Carlos Rama, e a directora de Relacións Externas, Isabel Cañas, entregáronlle os fondos aos responsables de Cáritas Ribeira e Cáritas A Pobra. A entrega á ONG portuguesa realizarase nos vindeiros días.