Ribeira

Bo arranque na campaña do polbo en Ribeira

Arrancou a campaña do polbo en Galicia, unha das especies mais agardadas nos mercados, e sobre todo no verán, momento de xantares e romarías, onde o cefalópodo non pode faltar.
O arranque da campaña estivo marcado polo mal tempo, porén malia este inconvinte as capturas foron moi positivas, a maioría das embarcacións que en Ribeira se adicaron a esta especie chegaron cos topes á lonxa, topes marcados en 30 quilogramos por barco e día e 30 quilos mais ao día por cada tripulante enrolado a bordo ata un máximo de 210 quilogramos ao día ata o 31 de agosto. En total 3500 quilos de polbo foron poxados na lonxa de Ribeira.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.