O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda e presidente do TSXG, José María Gómez y Díaz-Castroverde, visitaron esta mañá as obras da Cidade da Xustiza, onde as plantas están xa practicamente rematadas ao cen por cen.
Alfonso Rueda indicou que este mes deu comezo un traslado complexo que levará algúns meses xa que na nova sede xudicial serán reubicados máis de 500 traballadores xudiciais dos 38 órganos, polo que durante uns meses convivirán o traslado e o equipamento da infraestrutura xudicial máis importante de Galicia, coa que culmina o Plan de Infraestruturas xudiciais, posto en marcha no 2009 dotado con máis de 115 millóns de euros. Alfonso Rueda puxo en valor a aposta da Xunta por Vigo e de aí a importante inversión nesta gran obra, mais de 42M de euros para que este edificio volva a ter uso e agora arranque como a gran sede xudicial que Vigo e comarca precisa.
Xunta e TSXG visitan as obras da Cidade da Xustiza coas plantas praticamente rematadas ao cen por cen

