A plantilla do Noia Portus Apostoli vai collendo forma de cara á próxima tempada. O club vén de anunciar dous novas: unha fichaxe e unha renovación. O brasileiro Eduardo Vieira, máis coñecido como Edu Jabá convértese na segunda fichaxe no Portus Apostoli. Procedente do Tubarao da liga carioca, vén de firmar por unha tempada co club noiés. Jabá é un ala zuedo que destaca pola súa habilidade no un para un. Outras virtudes son o seu forte golpeo, o que se traduce en boas cifras goleadoras, e o seu xogo asociativo.
O Agustín Mourís contará un ano máis co esforzo de Javi Rangel. O ala de Mataró chegou o pasado verán procedente do Bisontes Castellón e xogará un ano máis no Portus Apostoli. Na súa primeira tempada vestindo de branco Javi Rengel marcou oito goles en Liga e un na final da Copa Galicia nos 27 partidos que xogou.
A de Rangel é a segunda renovación confirmada logo da de Lluc e únense ás firmas de Chus e Edu Jabá e ás continuidades de Pirata e Power.