Un total de 433 persoas participarán este domingo 17 de abril na II Carreira Popular “Pilar Barreiro Senra” de Lousame

Un total de 433 corredores de toda Galicia participarán este domingo 17 de abril na segunda edición da carreira popular “Pilar Barreiro Senra”, que organiza o Concello de Lousame, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña. Unha vez pechado o prazo de inscrición, este domingo correrán en Lousame un total de 433 corredores: 177 pertencentes ás categorías escolares (pitufos, prebenxamíns, alevíns e infantís) e 256 da categoría absoluta.

A praza Teodomiro Hidalgo converterase no epicentro do evento xa que será onde se entreguen os premios e onde tamén se celebre a primeira edición do Mercado Labrego e Artesán de Lousame, que reunirá unha vintena de postos con produtos do sector primario da comarca. As 9:00 horas terá lugar a apertura da recollida de dorsais. Praza Teodomiro Hidalgo e a partir da 10:30 darase inicio da II Carreira Popular “Pilar Barreiro Senra”. Benxamíns/alevíns.

O Concello de Lousame entregará medallas a todos os participantes das categorías pitufo, prebenxamín, benxamín e alevín (é dicir, aos menores de 11 anos) e trofeos para os tres primeiros homes e mulleres da carreira absoluta, outros tres trofeos para os gañadores de cada unha das nove categorías restantes (tanto para homes como para mulleres) e trofeos especiais aos participantes máis veteranos (tanto home como muller) e aos tres mellores atletas de Lousame na categoría absoluta. Ademais, todos os participantes serán agasallados cunha camiseta técnica conmemorativa da proba.

https://www.youtube.com/watch?v=pTxGO3CkRec

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.