Ribeira

Comeza a Fiestra da Cultura no Lustres Rivas coa exposición de Joaquín Cortés

O Centro Cultural Lustres Rivas acolle dende o pasado venres 2 de xullo a exposición “Momentos para a creatividade” de Joaquín Cortés Laíño. Medio cento de persoas acudiron ás instalacións do Lustres Rivas para contemplar a proposta coa que se inaugura a programación municipal da Fiestra da Cultura. Médico durante máis de 40 anos, Joaquín agardou á súa xubilación para dar renda solta á súa faceta de artista

O sobriño do autor, Alexandre Cortés, foi o encargado de presentar a obra do seu tío. Sinalou que está encantado de que todo o mundo poda apreciar e desfrutar a arte de Joaquín.

A concelleira de Cultura, María Sampedro, acompañou ao artista na inauguración da exposición. Sampedro animou á veciñanza a visitar as obras de Cortés que estarán expostas ata o 31 de xullo.

A exposición está formada por 13 pinturas acrílicas sobre táboa e 20 esculturas feitas de ferro que seguen como temática a figura feminina e que o artista realizou nos últimos dous anos

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.