Deportes

Cabo da Cruz e Samertolameu conquistan a bandeira de traiñeiras da Pobra

A Pobra foi o escenario elixido para o inicio do Trofeo Xunta de Galicia na categoría feminina e para a disputa da segunda xornada da Liga de Traiñeiras masculina. Os equipos que remataron ondeando a bandeira foron o Cabo da Cruz na categoría feminina e o Samertolameu de Meira na masculina.

As boirenses deixaron claro que van a polo título de novo. As remeiras adestradas por Javi Lago finalizaron a regata con 18 segundos de vantaxe co segundo clasificado, Chapela. O terceiro posto foi para Tirán, e o cuarto para Salgado-Perillo. Naútico de Ribeira entrou en quinto lugar diante das traiñeras de Rianxo, Mugardos e Puebla.

Na proba masculina Samertolameu tampouco deu opcións aos seus rivais e aventaxou en 18 segundos á embarcación de Bueu e a 19 á bancada de Cabo da Cruz. Cesantes entrou cuarto, Mecos quinto, Mera sexto e Puebla volveu á máxima categoría do remo galego firmando o sétimo posto.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.