Preto de cen concellos formalizan a súa adhesión á rede dixital de emerxencias da Xunta

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, fixeron entrega hoxe na Estrada de 239 terminais da Rede Dixital de Emerxencias de Galicia, RESGAL, a case un cento de concellos galegos. O vicepresidente destacou que esta entrega de terminais de comunicacións súmase outros 225 entregados hai un mes ao Concello de Vigo. Deste xeito, formalízase a adhesión de 95 concellos a RESGAL, o que suporá un auténtico salto cualitativo no nivel de comunicacións do sistema de emerxencias galego, que vai mellorar en coordinación e eficacia.
RESGAL integra, por primeira vez, nun mesmo sistema a todos os colectivos que participan na resolución das emerxencias. Unha rede única para facilitar unha intervención máis efectiva e eficaz dos efectivos implicados e simplificar as tarefas de coordinación entre eles.
Precisamente, Rueda explicou que na nova rede se están a integrar de xeito progresivo todos os efectivos de emerxencias de Galicia, desde bombeiros a policías, pasando por voluntarios de protección civil, os profesionais do 061 e polos axentes que loitan contra os incendios forestais.
Esta dotación de material non é un feito illado, senón que responde ao interese da Xunta nos últimos anos por redobrar o seu investimento en medios materiais para contar cunha Galicia mellor preparada fronte ás emerxencias e, polo tanto, máis segura para a cidadanía.

https://www.youtube.com/watch?v=8yFJJsruCl4

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.