O SAN MARCOS chega con novidades a NOIA

Do 22 ó 25 de abril celébrase en Noia a festa do San Marcos, grazas ó esforzo do concello a festa comezará o venres, sendo o luns 25 o día grande. Como grandes serán as orquestras que amenizaran a verbena durante as noites, entre elas a París de Noia, a Panorama ou os satélites, e non han faltar grupos para a mocedades como Seguridad Social, the lakazans ou Treixadura.
Un dos eventos mais agardados por veciños e veciñas de toda a comarca e a feira cabalar e de maquinaria agrícola que se celebra o 25. Tratase dunha feira que se ven celebrando dende o ano 1578 e que este ano contará demais de con suculentos premios, cunha exposición de fotografías da feira antiga. Non han faltar os xogos tradicionais e unha mostra de apeiros de labranza. Ademais neste dia celébrarase unha proba puntuable para a Copa Galicia de Pura Raza Galega, a cal se desenvolve dentro do calendario autonómico.
Ese mesmo día haberá concursos puntuables de cabalos cruzadas aos que poderán ter acceso calquera persoa a condición de que os cabalos que presenten a concurso teñan máis de tres anos.
Este ano habilitaranse dúas pistas, unha A e outra B, para que poidan celebrarse paralelamente varios concursos. Con isto, o que se pretende é que haxa un maior número de cabalos en concurso e haxa unha maior asistencia de público.
Como gran novidade a nivel autonómico, Noia acollerá o primeiro concurso autonómico morfológico de ponis. Dende o Concello repartiranse 4.000€, en premios.
Como novidade cabe tamén destacar a celebración dunha foliada, o sábado 23 a partir das 11 da mañá, 8 grupos de musica tradicional e preto de 150 gaiteiros percorrerán as rúas de Noia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.