Deportes

Lete Lasa aposta por unha trintena de olímpicos e paralímpicos galegos en Toquio que disporán de 300.000 € en axudas

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, comentou hoxe nunha entrevista coa Televisión de Galicia, as opcións dos distintos galegos e galegas para os Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Toquio ao fío da última praza acadada en Verducido pola padexeria Antía Jácome no C1 200 metros. O mandatario galego asegurou que os olímpicos galegos poden superar a vintena xa que, no momento actual, suman un total de 18 clasificados mentres que os paralímpicos acadan a cifra dos 11, polo que o número de galegos que acuda aos Xogos superará, probablemente, a trintena. Todos eles, tanto olímpicos como paralímpicos, serán os beneficiarios das Axudas Reto Galicia-Tokyo con Igualdade 2021, publicadas nesta mesma mañá no Diario Oficial de Galicia e cuxo prazo de presentación estenderase do 2 de xullo ao 30 de setembro.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.