Ribeira

A bandeira azul xa luce na praia de Coroso

A bandeira azul xa ondea na praia de Coroso dende esta mañá. O concelleiro de Turismo, Ramón Doval, e a tenente de alcalde, María Sampedro, foron os encargados de izar a única bandeira azul concedida ao municipio. Esta enseña acredita o cumprimento da normativa da Fundación Europea de Educación Ambiental en calidade de auga, servizos, ordenación do medio ambiente ou seguridade.

O izado da bandeira coincidiu co primeiro día con presenza de socorristas en tres areais do concello. 21 socorristas, 14 acuáticos e 7 terrestres, velarán pola seguridade nas praias de A Ladeira, O Vilar e Coroso.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.