Os bombeiros do parque de Boiro sofocaron esta mañá un incendio nunha vivenda en Cabo de Cruz. O lume orixinábase arredos das 11:30 da mañá no interior dunha das habitacións da vivenda sita na rúa Rebordelo. Avisados polo 112 achegáronse ata o lugar os bombeiros, a Policía Local, SMPC e Garda Civil de Boiro.
O traballo da dotación consisteu en apagar o incendio que se produxo nunha das habitacións por causas descoñecidas e posteriormente ventilar a vivenda. Non houbo que lamentar danos persoais.
Rematando o servizo a unha do mediodía, despois de comprobar que a situación quedaba totalmente controlada.
Os bombeiros do parque de Boiro sofocaron esta mañá un incendio nunha vivenda en Cabo de Cruz.
Please login to join discussion