O Concello de Ribeira vén de adherirse á campaña “Non nos xulgues” promovida por Igaxes co propósito rachar prexuízos e estereotipos en torno á mocidade tutelada.
Igaxes é desde 2005 a organización responsable de desenvolver o programa Mentor, financiado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia, que acompaña a mocidade tutelada no seu camiño cara á vida independente. Estas mozas e mozos poden permanecer nas vivendas Mentor ata os 21 anos -mesmo ata os 25 en casos excepcionais-, pero a súa idade media de emancipación son os 19 anos.