O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a aprobación do Bono Concilia, as axudas destinadas ás familias que tendo solicitado unha praza nas escolas infantís sostidas con fondos públicos, non a obteñan; así como a aquelas familias que residan nun concello onde non existen centros con prazas públicas.
Precisa que cun orzamento que supera os 3,4 millóns de euros, esta iniciativa beneficiará ao redor de 2.400 familias. .Explica que esta convocatoria avanza na adaptación ás necesidades das familias, coa posibilidade de concesión do bono a aquelas nas que os dous pais traballen en quenda de tarde ou en quendas rotativas e que tendo dereito a praza pública, esta non lles resolva as súas demandas de horario
Destaca ademais a posibilidade de ampliar a contía máxima do crédito da convocatoria, e incide en que esta medida enmárcase dentro do Programa de apoio á natalidade
Tralo consello da xunta o presidente galeo anunciou tamén un investimento de 120 millóns de euros ata 2020 en infraestruturas educativas, que permitirá crear preto de 5.000 postos escolares nos nosos colexios, institutos e centros de FP públicos. Estes fondos, tal e como lembrou Feijóo, complementan aos máis de 18 millóns de euros que se destinaron ao Plan de mellora de infraestruturas en 2015.
Feijóo anuncia un Plan de dotación de infraestruturas educativas e nuncia a ampliación do Bono Concilia
Please login to join discussion