Unha tromba mariña atravesou esta mañá a ría de Arousa, dende Aguiño ata a Pobra, onde tocou terra ás 12:00 am, causando importantes destrozos. A manga mariña arrancou unha ducia de árbores e tamén o toldo dun restaurante ubicado no paseo de cabío, a pe de praia. Un particular alertaba ó CAE 112 Galicia dende Ribeira minutos antes das 12:00 horas, explicando que dende a sua posición via como se estaba formando no mar un tornado. Dende o 112 Galicia informaron a Salvamento Marítimo, ó Servizo de Gardacostas de Galicia e a Protección Civil.
Nesta ocasión a tromba mariña desfíxose unha vez chegou a terra, e os danos non foron maiores. Porén dende protección civil realizan roldas polo municipio comprobando que non haxa danos polo vento.
O fenómeno natural está a ser mais habitual nesta zona do Barbanza nos últimos anos, do que era noutros tempos. Porén cada vez que se repite chama a atención dos veciños que sacan os seus dispositivos móbiles a proveitan para captar imaxes como as que están a ver.
Este fenómeno ven asociado a fortes ventos e choivas como as que Galicia soporta durante estes días. E é que esta primavera está a ser máis dura do que o foi o propio inverno, con temperaturas que rondan os 7 grados centígrados, ventos forza 7 e choivas acompañadas de forte granizo. Granizo que causou estes días numerosos accidentes na Barbanza, ó cubrir as estradas dunha capa de xeo que as fai esvaradizas para os vehiculos. Tremenda foi a granizada acompañada de aparello electrico caída en Ribeira ás catro da madrugada. Precisamente a caída dun esta madrugada queimou por completo o transformador eléctrico que abastece ó concello de Caldas de Reis. O incendio declarouse ás 5:00 horas na estación ubicada no lugar de Tivo. O lume orixinouse no seu interior calcinando o transformador de 50.000 litros de aceite que da servizo á localidade. Ata o lugar desprazáronse os Bomberos de Vilagarcía e personal da empresa eléctrica, o GES de Valga, de Protección e a Garda Civil.
Unha tromba mariña atravesou esta mañá a ría de Arousa, dende Aguiño ata a Pobra, onde tocou terra ás 12:00 am
Please login to join discussion