A música volverá encher diversos espazos da Pobra do Caramiñal co gallo dunha nova edición do Sons da Vila, cuxo cartel está composto por un total de 22 concertos. A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e a técnica municipal desta área, Fita Sanisidro, foron as encargadas de explica-los detalles desta proposta organizada polo Concello en colaboración coa produtora Silencio Roto. Segundo expuxeron, a acción está pensada para as terrazas dos locais hostaleiros ao tempo que se contribúe á visibilización de grupos locais e á dinamización da vila.
O Sons da Vila amenizará A Pobra cunha vintena de concertos

