A concelleira de Igualdade, María Outeiral, mantivo unha xuntanza coa Asociación de Mulleres do mar de Arousa para trazar liñas de traballo conxunto entre o Concello e a Asociación para elaborar propostas que axuden a dar visibilidade no municipio ás mulleres do sector do mar.