Icono del sitio CanalBarbanza.com

Román Rodríguez felicita á comunidade educativa polo extraordinario traballo deste curso

Remata o curso escolar, un curso marcado pola pandemia, e que toda a comunidade educativa soubo torear para sacalo adiante. Esta mañá o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, recoñeceu o “intenso e extraordinario traballo” desenvolvido polo conxunto da comunidade educativa durante todo este curso, que foi “clave” para acadar a máxima presencialidade nas aulas ao tempo que lograr que a incidencia da pandemia fora menor que no conxunto da sociedade. Así o sinalou ante o Comité Educativo, ao que deu conta do balance da incidencia da pandemia nos centros escolares galegos.

Salir de la versión móvil