Icono del sitio CanalBarbanza.com

O 84% dos concellos galegos recibirán axudas da xunta por valor de 6,4 millóns para promover a conciliación, previr e tratar a violencia de xénero

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas destinadas ás entidades locais da Comunidade (concellos, consorcios, mancomunidades, agrupacións ou asociacións de concellos) para o desenvolvemento de iniciativas dirixidas a promover a igualdade e previr e tratar a violencia de xénero. En 2021, os apoios chegarán a 262 concellos (o 84% do total) que aglutinan o 89% da poboación galega.

Salir de la versión móvil