GONZALO PEREZ, vicepresidente de cerqueiros galegos chama a union do sector para loitar por un reparto xusto de cuotas en EUROPA

Gonzalo Pérez, vicepresidente de “Cerqueiros Galegos” chama a unión do sector para loitar por un reparto xusto de cuotas en Europa. Así se expresaba esta mesma mañá tras coñecer que Acerga presentou unha demanda independente da presentada pola Consellería do Mar.

Representantes do cerco reuníronse onte no Consello Galego de pesca para responder as preguntas realizadas dende a conselleria do Mar, e colaborar así co informe que se está a realizar para loitar polo sector en Luxemburgo.

Pérez destaca a falta de coutas que prexudica terriblemente ó cerco, dado que especies peláxicas que soio capturaban con esta arte agora son mais demandadas por outras artes de pesca, e con elo o reparto é maior, quedándose demasiado pequena a cuota asignada a España para determinadas especies.

Sobre o reparto de algunhas especies, como o xurelo, en Galicia non se entende como Portugal pode ter maior cuota cunha flota mais reducida.

Este é so un dos ejemplos que se poden aportar sobre o reparto de cuotas pesqueiras en Europa.

https://www.youtube.com/watch?v=8u0fU25CNtk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.