O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avogou hoxe por converter a recuperación incipiente nunha oportunidade para tomar decisións estratéxicas que fagan crecer a Galicia do 2016 pero coa vista posta na Galicia do 2020 e máis alá. E, nesta liña afirmou que é nestes tempos onde o Consello Económico e Social adquire unha importancia capital, onde as súas recomendacións son máis necesarias ca nunca.
Sobre este punto, Feijóo lembrou que o Consello Económico e Social leva máis de dúas décadas “garantindo que a nosa lexislación tente ser acorde coa pluralidade do noso país”. “Esta institución é boa proba de que escoitando a todo o mundo é como se pode chegar ás mellores solucións. “Escoitar a voz das organizacións sindicais, da Confederación de Empresarios, dos representantes do agro, do mar, dos consumidores e das universidades é a mellor garantía de que elaboremos a mellor lexislación posible”, abundou.
Ao longo da súa intervención, o titular da Xunta incidiu en que o Consello Económico e Social emite ditames, elabora informes e funciona como órgano consultivo, funcións todas elas que se poden resumir nunha: escoitar.
Feijóo avoga por converter a recuperación incipiente nunha oportunidade para tomar decisións estratéxicas que fagan crecer a Galicia do 2016 pero coa vista posta na Galicia do 2020
Please login to join discussion