A Xunta de Galicia iniciará este sábado 19 de xuño as probas das oposicións do ensino máis amplas da historia tanto en número de prazas, un total de 3.894, como de tribunais e sedes. Deste xeito os exames, cuxa primeira proba se realizará entre o sábado e o día 25, desenvolveranse nun total de 132 sedes en 23 localidades de toda Galicia. A segunda proba terá lugar con posterioridade, nas datas marcadas polos tribunais.
