Deportes

Boiro acolle este sábado o VI Campionato Galego Inclusivo fibralar de Motonáutica na modalidade Slalom

O Concello de Boiro colabora co club ADECO-DEA na celebración do VI Campionato Galego Inclusivo fibralar de Motonáutica na modalidade Slalom que se vai celebrar nas instalacións do Club Náutico de Boiro, Marina Cabo de Cruz, este sábado 19 de xuño. é unha proba de habilidade no manexo de embarcacións. A 5ª proba deste VI Campionato vaise celebrar o vindeiro sábado 19 de xuño, a partir das 10.30 horas, no porto de Cabo de Cruz. Na presentación da proba, que se realizou esta mañá no Concello de Boiro, participaron o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; o presidente do Club Náutico, Manuel Fajardo; e o presidente de ADECO-DEA, José Barrio. O Club ADECO-DEA promove o proxecto “Un mar para todos” pretende fomentar a participación das persoas con discapacidade en actividades náuticas deportivas e de lecer.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.