O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou esta mañá o Centro de Educación Especial (CEEPR) da Asociación Amicos en Ribeira, coa que a Consellería ten asinado un convenio de colaboración para apoiar o servizo de transporte escolar adaptado que presta esta entidade a un total de 18 alumnos e alumnas. Durante a visita o conselleiro estivo acompañado polo alcalde de Riveira,, Manuel Ruiz Rivas, o presidente de FADEMGA PLENA INCLUSIÓN, Eladio Fernández a presidenta de Amicos, Esther Vidal, entre outras persoas.
O conselleiro e os responsables da dita asociación, así como do centro, valoraron o traballo conxunto e analizaron as próximas colaboracións entre ambas as dúas entidades, tendo en conta que ‘AMICOS’ solicitou o concerto educativo.
Fundado en 2008, o CEEPR está especialmente pensado para que persoas de 3 e 21 anos poidan aproveitarse dun ensino especialmente deseñado para as súas necesidades.
O Centro imparte ensinanzas oficiais e regradas mediante un proxecto educativo personalizado enfocado na participación e na estimulación das propias capacidades. Un dos obxectivos é que os nenos aprendan a desenvolverse por si mesmos e que deste xeito poidan integrarse nos seus contornos sociais en pé de igualdade cos outros rapaces.
O alcalde de Ribeira agradeceu a visita e a colaboración da conselleria coa asociación.