Apenas 24 horas despois de se activar o prazo de solicitude, a Xunta iniciou unha rolda de contactos cos principais axentes sociais e económicos sobre a tramitación das axudas directas no marco do 3º Plan de Rescate dotado cos 234,4 millóns de euros de fondos estatais asignados polo Estado a Galicia. As persoas interesadas contarán ata o próximo 14 de xullo para cursar as súas solicitudes.
