A Xunta e o Consello da Avogacía Galega asinan un acordo para prestar asesoramento xurídico gratuíto a cidadáns en risco de desafiuzamento

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asinou hoxe un convenio coa presidenta do Consello de Avogacía Galega, Nieves Santomé, que permitirá o asesoramento gratuíto a cidadáns sen recursos nos trámites administrativos ou xudiciais relacionados coa perda de vivenda habitual por mor dunha execución hipotecaria, impago da renda de alugueiro ou calquera circunstancia imprevista.
O acordo selado hoxe prevé a actuación previa co obxectivo de acadar unha solución para as familias implicadas neste tipo de problemática e evitarlles os procesos xudiciais.
Vázquez indicou que, ademais do asesoramento gratuíto, o Consello da Avogacía Galega -integrado polos Colexios de Avogados das sete cidades de Galicia- prestará orientación xurídica nos procedementos de mediación arbitral de alugueiro, designando dous árbitros para a resolución de controversias nas que exista convenio arbitral. Isto permitirá acadar acordos entre arrendadores e arrendatarios sen acudir á vía xudicial.

https://www.youtube.com/watch?v=LQbsLfq15lg

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.