Iván Ares e Mario González co Porsche 997 GT3 foron os vencedores no Rali de Noia, o segundo posto foi para Alberto Meira e David Vázquez co Mitsubishi Lancer Evo X, que chegou a tan só un minuto do lider. O terceiro posto levouno p Ford Fiesta R5 de Iago Caamaño e Alberto González, rematando Luis Penido e Ricardo Cuesta, cuartos na xeral, co Mitsubishi Lancer Evo VI . Iván Ares deu mostra da sua superioridade dende o comezo da proba
Coa desputa do XXXII Rali de Noia deuse o pistoletazo de saída ó Campeonato Galego de Ralis, o Rali de Noia, baixo a organización da Escudería Berberecho foi todo un éxito de participación, con 134 coches inscritos e arredor de 30.000 perosas presenciando as probas.
A chuvia protagonizou a mañan do sábado, deixando paso o sol pola tarde. Cabe destacar que a organización decidiu neutralizar un dos tramos pola tarde, a causa do comportamento do público, que non respetou as sinais e invadia a calzada. A nota lamentable do evento foi a detención dun mozo de 28 anos con signos de embriaguez, que tras molestar a membros da organización rematou agredindo a unha parella da guardia civil.
Iván Ares gana o Rali de Noia
Please login to join discussion