Galiza Nova do Barbanza apoia a folga estudiantil para loitar contra a LOMCE e impedir a aplicación do decreto 3+2 da universidade. Asi o explicou esta mañá Elvira Blanco, responsable de Galiza Nova na Barbanza, quen informou dunha manifestación convocada por Erguer para a propia xornada de folga en Ribeira a partir das 12h desde a estación de autobuses até a praza do Concello.
Galiza Nova desenvolveu tamén durante as pasadas semanas na Barbanza unha intensa campaña para espallar a Folga do vindeiro 13 de abril convocada por Erguer, organización unitaria do estudantado galego. Elvira Blanco explicou que se realizaron repartos do material e xuntanzas informativas cos estudantes dos centros de Ribeira, Pobra e Boiro.
Desde Galiza Nova fan unchamamento á mocidade da Barbanza a apoiar a Folga Estudantil convocada polo estudantado galego e a acudir á concentración que se vai realizar o 13 de abril en Ribeira a partir das 12h desde a estación de autobuses.