Icono del sitio CanalBarbanza.com

Galicia garante a venda e o consumo seguro do mexillón con 10.000 análises anuais de biotoxinas

O Consello da Xunta analizou un informe sobre os períodos de prohibición da extracción de mexillón nos polígonos de bateas de Galicia como consecuencia das biotoxinas entre os anos 1998 e 2020. Este documento reflicte que as 10.000 analíticas anuais de biotoxinas realizadas polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) permiten a venda e o consumo de arredor de 250.000 toneladas de mexillón con todas as garantías hixiénico-sanitarias.

Salir de la versión móvil