Ribeira

O Concello de Ribeira informa da adxudicación con carácter provisional dunha nova actuación destinada á renovación da liña de abastecemento na estrada de Carreira

A empresa que obtivo a puntuación máis alta foi Xestión Ambiental de Contratas, S.L., conforme a unha proposta de 101.413 euros, IVE incluído. Había 31 ofertas presentadas.
Con esta obra preténdese dar solución á escaseza de presión e ás roturas que con certa frecuencia se producen na rede desta zona, formada por unha tubaxe de 200 milímetros de diámetro feita en fibrocemento.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.