Funcionarios do Corpo da Policía Nacional da comisaría de Ribeira, detiveron nas últimas horas a cinco persoas de idades comprendidas entre os 21 e os 28 anos.
Estas detencións son froito dunha investigación policial de varios meses e conclúen a segunda fase da operación «Arma floja» destinada a desmantelar dous puntos de tráfico de estupefacientes, un en Aguiño e outro en Santa Uxía, co resultado das cinco detencións, tres homes e dúas mulleres.
Durante a operación realizáronse dous rexistros domicialiarios nos que se interviñeron 14 gramos de heroína, 17,3 gramos de cocaína , 35 gramos de haxix, 3.500 euros, tres pistolas: unha modificada para disparar, unha artesanal e outra de balíns, tres balanzas para pesar drogas, un Quad roubado e manipulado, Varios televisores, ferramentas, teléfonos móviles e outros efectos sustraídos.
Tras estas detencións podería aclarar: un roubo con violencia e intimidación e outros cinco asaltos con forza , aínda que a investigación contninúa prevendo aclarar máis delitos contra a propiedade
Catro dos detidos pasaron hoxe a disposición judicial, e o quinto quedou en liberdade tras prestar declaración.
A varios dos detidos cónstanlle numerosos antecedentes por delitos contra a saúde pública e contra a propiedade.
Por outra banda e na mesma liña unha investigación iniciada no xulgado de Ribeira e levada a cabo pola policía Nacional e a garda civil rematou coa detención de trece persoas e a desmantelacion dunha banda que introducía en España a borde de veleiros.
https://www.youtube.com/watch?v=VWm9i9KNJ3o