Icono del sitio CanalBarbanza.com

A Xunta simplifica os trámites e elimina os límites de renda, prezo e duración do novo programa respiro familiar

A Conselleira anunciou que a Xunta simplificou os trámites e eliminou os límites de renda, prezo e duración do novo programa de Respiro familiar, co que persoas dependentes ou con discapacidade realizan estancias temporais en residencias que facilitan o descanso dos seus coidadores. En concreto, a conselleira de Política Social explicou que a nova orde de Respiro familiar trae consigo varias modificacións para facilitar a solicitude e a concesión da axuda. Entre elas, eliminaranse os catro tramos de renda do solicitante, o custo da praza da residencia e, ademais, xa non haberá os 15 días de duración máxima que recollía con anterioridade a orde. O Goberno galego vai investir 600.000 euros para financiar o 100% dunha estancia en calquera residencia de Galicia sen límite de tempo e ata un máximo de 1500 euros; ou achegará un máximo de 1000 euros para aboar o custe dun coidador no fogar.

Salir de la versión móvil