O municipio da Pobra do Caramiñal presenta nas súas parroquias exemplares de árbores con características de lonxevidade, singularidade e beleza, así como de especial relación social e cultural coa veciñanza, merecedoras da súa revalorización no patrimonio natural. Un dos ditos exemplares é a sobreira de Vilariño, situada na parroquia de Santo Isidro de Posmarcos.
A Pobra solicita a inclusión da sobreira de Vilariño no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras

