Sin categoría

O CONCELLO DE RIVEIRA contratará dez auxiliares de policía durante seis meses

A xunta de goberno local do Concello de Riveira aprobou a convocatoria de 10 prazas de auxiliar de Policía Local para que presten servizo durante 6 meses.

A intención é que a apertura da presentación de candidaturas se abra a vindeira semana, unha vez se publique no Boletín Oficial da Provincia o oportuno anuncio. Cómpre informar de que se aumentan en dous o número de meses de duración dos contratos en relación ao ano pasado, no que a oferta de emprego eran de 4 meses para 10 auxiliares.

Por outra parte, hai que destacar tamén que os servizos técnicos do Concello de Riveira están traballando na preparación dunha nova oferta pública de emprego para sacar este ano un mínimo de tres novas prazas de axente de Policía Local coas que incrementar a dotación deste corpo.

Salir de la versión móvil