O xoves 14 celébrase en boiro a 5º edición do Pecha Kucha

A sede da A.B.E. foi o lugar elixido para a presentación dun dos eventos mais innovadores que se celebran na comarca, o Pecha Kucha Boiro que terá lugar o vindeiro xoves 14 no salón de actos da A.B.E. e xa vai pola 5º edición.
Da presentación do evento encargáronse o presidente da patronal Óscar España e o alcalde de Boiro Juan José Dieste. Pecha Kucha é unha actividade que xa cumpre cinco edicións en Boiro e que persegue poñer en valor a ECONOMÍA CREATIVA, a relación entre cultura e creatividade no desenvolvemento económico do noso entorno.
Nesta edición falarese de como a creatividade axuda a afrontar os cambios aos que as crise e a evolución empresarial nos obrigan.

O alcalde de Boiro destacou a importancia deste evento, que conta coa colaboración do Concello.

Pecha Kucha é un espazo onde oradores de diversas disciplinas expoñen súas ideas e proxectos. Un evento que dende 2003 celebrouse en máis de 400 cidades de todo e que celebramos en Boiro a súa primeira edición en febreiro de 2012.
Pecha Kucha diferenciase doutros eventos polo seu formato rápido de presentación baseado nunha simple idea: 20 imaxes x 20 segundos = 6 min 40 segundos para cada orador, cada participante propón 20 imaxes, que se proxectan durante 20 segundos cada unha, e sobre elas fai a súa presentación.

https://www.youtube.com/watch?v=IPcRff-xA5w

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.