Logo de anos solicitando a mellora do servizo de pediatría na Pobra do Caramiñal, o BNG da un paso adiante e presenta no parlamento galego unha batería de medidas para mellorar este e outros servizos no centro de saúde da Pobra, a través da deputada no parlamento Montse Prado. Asi o anunciou esta mañá o responsable do BNG Ramiro Ouviña.
Montse Prado destacou que se trata dunha reivindicación importante dado que na Pobra hai un pediatra para mais de 1000 nenos e nenas.
Asi mesmo destacou que os recortes da Xunta repercutiron principalmente na sanidade, afectando a milleiros de persoas. Unha situación similar a aque acontece na Pobra dase no centro de saúd ed eRianxo, onde non se cubren as baixas nin as vacacións do pediatra.