Feijóo avanza unha achega de 66 millóns de euros para seguir incrementando as medidas para a conciliación da vida familiar e laboral

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe tralo concello da xunta, unha achega de 66 millóns de euros para incrementar as medidas de conciliación da vida familiar e laboral, que dean resposta a tres grandes retos: máis e máis diversos recursos de atención aos nenos para que os seus pais poidan traballar; promover a conciliación en determinados ámbitos, especialmente no ámbito empresarial; e que cada vez haxa unha maior concienciación social que garanta a maior calidade de vida das familias. Nun primeiro termo, e no ámbito dos recursos, Feijóo afirmou que “se chegará a un total de 22.316 prazas de garderías sostidas con fondos públicos para o próximo curso 2016-2017. Así mesmo, o titular da Xunta afirmou que se porá tamén en funcionamento o Bono concilia, un programa de axudas económicas directas ás familias para colaborar no pago dunha praza de escola infantil naqueles casos que non a consigan nunha escola ou nun centro financiado con fondos públicos, ou que residan nunha localidade na que non existen prazas públicas. E do que se poderán beneficiar arredor de 2.400 familias.
Tralo consello da xunta o presidente galego anunciou que o Goberno galego dá luz verde á convocatoria de axudas para despregar redes de 100 megas en polígonos industriais. Afirma que esta é a primeira actuación do Plan de Banda Larga 2020, que prevé estender redes ultrarrápidas en zonas con alta demanda e que non teñen aínda cobertura.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.