A Xunta de Galicia publicou hoxe as listas definitivas de admitidos nas súas escolas infantís para o vindeiro curso 2021-2022, que ascende a 8235 nenas e nenos, o que supón un incremento do 2% con respecto ao actual. Este feito coincide coa visita do director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, á escola infantil de Elviña, na cidade da Coruña.
As escolas infantís da xunta iniciarán o vindeiro curso con máis de 8.200 nenas e nenos admitidos

