Icono del sitio CanalBarbanza.com

A Xunta recibe un total de 18 ofertas para o contrato de conservación e viabilidade invernal nas estradas das áreas de Santiago, Bergantiños-Costa da morte e Barbanza

A Xunta recibe un total de 18 ofertas ao contrato para garantir a conservación ordinaria e a viabilidade invernal nas estradas autonómicas da zona sur da provincia da Coruña, que suporá un investimento de 18,9 millóns euros e permitirá atender 723 quilómetros de estradas autonómicas das comarcas de Santiago, Bergantiños-Costa da Morte e Barbanza nos vindeiros catro anos.
A execución deste contrato redundará na seguridade viaria e tamén contribuirá ao mantemento do emprego a través da promoción da obra pública.

Salir de la versión móvil