Sin categoría

A XUNTA colaborará co concello de noia para o desenvolvemento de vivendas de promoción pública concertadas no casco histórico da vila

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García Porto, mantivo hoxe unha reunión co o alcalde de Noia, Santiago Freire, na que acordaron colaborar no desenvolvemento de vivendas de promoción pública concertadas no casco histórico desta vila.

Heriberto García explicou que a modalidade de vivendas de promoción pública concertadas está suxeito á aprobación do decreto polo que se regulan as vivendas protexidas e a súa adxudicación. A tramitación deste decreto comezou o venres da pasada semana coa súa exposición pública a través da web da Xunta de Galicia.

O réxime concertado de vivendas de promoción pública permitirá que as mesmas sexan promovidas polo propio concello ou por promotores privados e que os adxudicatarios reciban da Xunta as mesmas axudas que si as vivendas foran promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

As vivendas deberán cumprir os mesmos requisitos que as que constrúe o a Xunta e a adxudicación realizarase a través do Rexistro de Demandantes, tendo os adxudicatarios os mesmos dereitos e obrigas que os adxudicatarios de vivendas promovidas polo Goberno galego.

Na mesma reunión acordouse ademais a busca de outras vías alternativas para potenciar a rehabilitación de edificios emblemáticos no casco histórico da vila, que conta cunha Área de Rehabilitación Integral declarada en 2001.

Salir de la versión móvil