O BNG vai canso da parálise no goberno da Pobra tras nove meses de xestión de Nos Pobra, segundo explican os nacionalistas NP tiña a obrigación de levar a cabo un proxecto de transformación da vila e sacala do esmorecemento onde a puxeron os 16 anos do PP, maís agoran aprecian que é un goberno decepcionante, falto de iniciativa, falto de eficiencia e falto de proxecto, que ten ao concello estancado.
Dende o BNG apunta que non hai medidas de dinamización e reactivación económica, social ou cultural: O Centro de Día segue pechado, o CAD está en mínimos, o novo centro de saúde desaparecido, e non hai outros proxectos máis aló dos que vaia acometer a Deputación. E desaprovéitanse oportunidades porque se pasa o prazo, como no caso das bandeiras azuis; ou demorase tres meses a tramitación do regulamento de axudas ao transporte dos estudantes, que xa non se poderá aplicar este curso; ou non se tramitan subvencións, como as do servizo de normalización lingüística. Afirman ademais que o goberno actual non ten capacidade de interlocución coas Administracións. Con algunhas destas afirmacións coincide o PP, o seu portavos, Manuel Durán afirma que Nos Pobra improvisa e amosa falta de xestión.
Manuel Durán destaca a falta de proxecto do goberno local.
Durán amosa a súa preocupación ante o descolgue da Pobra do tren do progreso, e culpa non so a NP senón tamén ó BNG.
A estas duras críticas respondeu o alcalde de Pobra Xosé Lois Piñeiro, quen destacou que a oposición está mais preocupada por desacreditar o seu grupo que por atender as necesidades do pobo.
O rexedor pobrense apuntou que non se perdeu a subvención para contruir o centro de saúde porque non existía, e que a apertura do centro de día depende da Xunta, sobre a bandeira azul deixou claro que non se solicitou por diversos motivos, mais as praias van dispor dos mesmos servizos.
Piñeiro aclarou tamén alguns puntos sobre o cine Elma.
O al calde da Pobra lamentou non poder chegar a máis acordos pola falta de predisposición da oposición.
A polémica está servida na Pobra, crecen novos problemas, mentres todavía se están a resolver problemas herdados.