O mercado municipal de Ribeira prevé a sua apertura para principios do mes de maio. A previsión do concello é ir abrindo de forma paulatina, e comezará polo traslado dos postos da carpa ás novas instalacións, así o expresou esta mañá o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz.
As praceiras van ocupar unha planta do novo mercado, dado que houbo que facer un cambio na ubicación dos postos para mantelas a todas nunha mesma planta, a petición delas. Isto conleva un menor espazo, e non dou lugar a sacar máis postos a concurso dos xa existentes. Asi en total serán 11 praceiras, distribuídas por sorteo en 8 postos de 2 m, 2 postos d e3 metros e 1 de 4 metros.
Si sairan a concurso no mes de maio os postos da primeira planta, de ultramarinos, charcutería, panadería, e kiosco con opción de dirixilos tamén a hostelería.
Nesta planta ubicarase tamén un centro homologado de hostelería que vai dispor de 15 prazas para formación.