A conselleira do Mar, Rosa Quintana, manifestou hoxe a perplexidade da Xunta ante o recurso presentado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico para derrogar o Plan Xeral de Explotación Marisqueira do período 2021-2023. Nesta liña sinalou que resulta chocante e incomprensible que o Goberno central saque agora da manga o requisito de exixir un informe da Dirección Xeral da Costa e o Mar para o outorgamento de zonas de explotación marisqueira, en réxime de autorización ou concesión, un aspecto que, apuntou, non é necesario e que de feito nunca foi solicitado desde que os plans xerais entraron en vigor nos anos 90.
A Xunta ve ilóxico que o goberno central saque da manga un requisito que xamais foi pedido desde que existen os plans xerais de explotación marisqueira

