Icono del sitio CanalBarbanza.com

O Concello da Pobra e o de Ribeira convocan un proceso selectivo para formar unha bolsa de emprego para socorristas

Unha vez aprobadas as bases reguladoras que rexerán o proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para socorrista e socorrista-xefe/a de posto, o Concello da Pobra do Caramiñal efectúa a convocatoria das probas selectivas mediante un concurso-oposición para a cobertura en réxime laboral temporal dos postos indicados.

Salir de la versión móvil